A arte das crianzas

A arte das crianzas

18 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A mostra “Pequenas crianzas coa arte” inaugúrase ás 18:00 da tarde na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Fene. A iniciativa, promovida polos educadores/as da escola infantil “A Galiña Azul” de Fene, ten como tema este ano “O Mundo” e xira en torno a diferentes manifestacións artísticas e culturais (arte africana

A exposición xurde do traballo que as crianzas da escola infantil veñen desenvolvendo ao longo deste mes ao redor das distintas “Artes” (música, teatro, pintura, escultura, etc) asi como dos obradoiros realizados coas familias (“Pintado de esculturas ou máscaras” e “Pintura creativa”).

Na mostra participan todos os alumnos/as da Escola Infantil. Os máis pequenos, de 0 a 1 anos, amosarán un lenzo elaborado en colaboración cos educadores/as do centro. Os do grupo de 1 a 2 anos presentarán unha escultura maia e os de 2 a 3 anos realizarán  interpretacións de cadros de pintores famosos ademais dunha escultura africana.

Poderase visitar do 18 ao 28 de maio na Casa da Cultura de Fene en horario de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, de luns a venres.

Sociedade