Arte e asombro

A artista fenesa Laura Bouza ensinou a estampa xaponesa en AFAL
25 de Marzo, 2019 - 12:43 h. | Publicada por Radio Fene

O resultado foi sorprendente e os maiores quedaron marabillados coas obras realizadas.

A pintora, ilustradora e artesá Laura Bouza, responsable do Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity, ofreceu o pasado xoves unha clase de pintura moi especial para os maiores de AFAL. A artista sorprendeunos co taller na técnica de ukiyo-e, a estampa xaponesa, unha manifestación artística que mostra as paisaxes e costumes do Sol Nacente a través de estampas en relevo. Unha técnica que os maiores de AFAL reproduciron, seguindo atentamente os pasos que marcaba Laura, con rotuladores, rodete, pintura de dedos e papel.

Desde AFAL, a súa presidenta, Ana María López, agradeceu a colaboración de Laura Bouza e trasladoulle o agarimo da asociación polo seu apoio e participación nas actividades da asociación.

Sociedade

Publica o teu comentario agora