Arte e viaxe na era dixital

Arte e viaxe na era dixital

31 de Marzo, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

“Ás veces pasamos o tempo enfrascados nas nosas pantallas, cando o máis bello se atopa no entorno próximo, na familia e nos amigos”. “Dámoslle en ocasións importancia a compartir a viaxe, máis que á viaxe en sí” afirma a artista Elia Núñez.

Carolina del Olmo, Elia Nüñez e Carolina Martinez queren reflexionar sobre o feito de viaxar antes de contar con teléfonos móbiles. Gozábase preparando a viaxe, no propio traxecto e logo lembrando o periplo con familiares e amistades. Elia Núñez participa na exposición Urbanas cen por cen, cun libro de artista dixital en forma de aplicación,  aberta a que os visitantes se “apropien” da obra de arte, a modifiquen e a compartan. A exposición “Urbanas cen por cen” ábrese o venres 7 de abril no Centro Cultural El Soto de Móstoles en Madrid.

Sociedade