Arte sobre os hórreos

Arte sobre os hórreos
18 de Setembro, 2023 - 08:33 h. | Publicada por Radio Fene

Un proxecto artístico sobre os hórreos anunciou Laura Bouza no acto “Arte e transtornos mentais” que se desenvolveu o pasado sábado no Círculo de Fene. Presentouse o libro sobre a citada mostra con fotografías de Xan Xe. Son Radiofusión editou a publicación coa colaboración da Deputación de A Coruña. Todo finalizou cun concerto de Los Juncos.

Fotografía Xan Xe

As fotografías de Xanxe recollen obras de pintura, debuxo, escultura e video-arte realizadas por 142 artistas. Tamén híbridos entre distintas disciplinas como o fotodebuxo e un texto do profesor universitario Alberto Ruiz de Samaniego. Laudas Calamity e Son Radiodifusión queren sensibilizar á cidadanía sobre os transtornos mentais, un tema dificil e doloroso sobre o que ainda existen moitos medos, tabús e estigmas. 

 

Imaxe: Fotografía Xan Xe

Acto no CMI Unidade de Fene o sábado 16 de setembro de 2023

Sociedade

Publica o teu comentario agora