A arteria de Vilar do Colo

Empezaron as obras para mellorar o firme e a sinalización
05 de Novembro, 2018 - 09:17 h. | Publicada por Radio Fene

Arrancan as obras de mellora do firme e sinalización no polígono de Vilar do Colo. Os concellos de Cabanas e Fene impulsan as obras cunha achega da Consellería de Economía da Xunta de Galicia.

Os concellos de Cabanas e Fene realizan esta actuación conxunta de mellora da rede viaria no polígono industrial de Vilar do Colo. Unha intervención adxudicada nuns 100.000 euros que os dous concellos financiarán ó 95% cunha achega procedente da Consellería de Economía. A intervención no polígono contempla a mellora do firme e a dotación de nova sinalización, tanto vertical como horizontal.

En concreto, a actuación estase a realizar no tramo do polígono comprendido entre as dúas rotondas situadas na Avenida de Astano (a ubicada na intersección da mesma avenida coa rúa Mareira de Cabanas e a rúa Cataventos de Fene e a emprazada no acceso dende a N651). O deterioro do vial, que soporta un volume de tráfico importante, era moi evidente.

Institucional

Publica o teu comentario agora