Artesáns e Comerciantes, xuntos en Fene

Artesáns e Comerciantes, xuntos en Fene

26 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 700 artesáns procedentes de galicia, Asturias e O Bierzo, dánse cita este sabado en Fene no Encontro de Artesáns que coordina a Asociación O tadetas. Máis de vinte comercios feneses participarán o domingo no 1º Salón do comercio fenés, coordenado pola Asociación O Cruceiro. Os dous eventos que ocuparán o pavillón da Xunqueira de San Valentín toda a fin de semana están apoiados polo Concello. O

O concelleiro de promoción económica, Juan José Franco, destacou que arredor dos dous eventos desta fín de semana, programáronse diferentes actividades como cata de viños, postos para xantar, ou o concurso de escaparates a cuxa entrega do premio acudirá o domingo o presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo.

Artesáns

O sabado ás 10 da mañán a brirán as portas do pavillón de San valentín para acoller aos 700 artesáns que nos amosarán en directo as máis variadas artesanías, dende os palillos ata o pastwort e que contará con demostracións especiais de pirogravado, coiro ou prata e coa presencia do debuxante carlos Sardiña para realizar caricaturas dos visitantes. Xosé Mª Permuy da asociación O Tadetas. Ata 100 artículos doados polo comercio fenés se sortearán no transcurso da xornada do sabado que pechará ás 21 horas.

Comerciantes

Xa o domingo, arredor dunha veintena de comercios de Fene estarán presentes no 1º Salón do comercio fenés e das oportunidades. Unha cita maís no ano para achegarlle ao público os seus productos, esta vez máis variados, coa presencia de sectores novos que nunca estiveron nos Autlet de setembro, segundo nos conta o coordenador da asociación de comerciantes O Cruceiro, Guillermo Lago, quen definiu ao comercio fenés como un comercio de calidade e con bos precios.

As portas do 1º Salon do comercio fenés abrirán no pavillón da Xunqueira o domingo ás 10 da mañán e pecharanse ás 21.00h. Con outras iniciativas como a saída dende o pavillón do club ciclista ás 10;  unha cata de viños de bodegas Barral; unha xuntanza de coches antigos ás 12 do mediodía ou o rastrillo solidario con Paula se completa a xornada. Os comerciantes feneses repartirán 300€ en vales de compra que se sortearán pola mañán e pola tarde.

Sociedade