A artesanía ocupará Fene a mediados de setembro

A artesanía ocupará Fene a mediados de setembro

01 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene acollerá a Feira de Artesanía que organiza a Asociación Cultural O Tadetas, do 16 ao 18 de setembro no  Paseo Marítimo de San Valentín, coincidindo este ano co Fenerock que se desenvolve no mesmo escenario.Uns 40 postos amosarán e venderán todo tipo de productos artesanais.

O venres 16 abriránse os arredor de 40 postos que acuden a esta Feira na que veremos todo tipo de artesanías, en coiro, cristal, etc e que traerá a Fene tamén productos gastronómicos artesanais. A feira de Artesanía contará este ano cunha novidade para os nenos-as ; a posibilidade de pasear en ponys polo paseo marítimo de San valentín e tamén unha exhibición de cetrería.

Viaxe a Ávila

A Asociación O Tadetas realiza unha viaxe a Feira Medieval de Ávila esta fín de semana, o 3 e 4 de setembro, para a que quedan catro prazas aínda libres.

Sociedade