Artistas galegos con John Lennon pola paz

Artistas galegos con John Lennon pola paz

09 de Decembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A asociación Acordes pola Paz organiza un concerto solidario en honra a John Lennon coincidindo co aniversario do seu falecemento. O evento terá lugar o sábado 12 de decembro ás 22:30 no Club Garufa da Coruña (Rúa Comandante Barja nº5) e contará coa participación de diversos grupos que interpretarán, entre as súas cancións, unha peza dedicada ao ex-compoñente dos Beatles. O concerto estará conducido pola

Acordes pola Paz leva anos organizando a xa tradicional celebración do cabodano de Lennon, rendendo homenaxe a esta importante figura no mundo da música, coñecido activista social e defensor dos dereitos humanos e a paz, e colaborando á súa vez con algunha ONG que traballe a favor da xustiza e a equidade social.

Neste caso, do mesmo xeito que o ano pasado, a beneficiaria da recadación íntegra obtida neste concerto será Ecodesarrollo Gaia, unha organización non lucrativa que traballa con inmigrantes na cidade da Coruña e que desenvolve proxectos de cooperación na localidade senegalesa de Yoff.

A entrada, en concepto de donativo, ten o prezo de 10€ e podese adquirir en despacho de billetes o propio día a partir das 21:30.

 

Sociedade