A arxentina Alejandra Pizarnik, o referente poético de Yolanda Castaño

A arxentina Alejandra Pizarnik, o referente poético de Yolanda Castaño

23 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“En canto descubrín esa forma de escrita sen chegar ao borde do papel xa non me desenganchei”. A poeta Yolanda Castaño comezou a escribir os seus primeiros versos con 7 anos emulando a Gloria Fuertes quen activou o seu gusto pola poesía e o cultivo deste xénero. A medida que medraba afondaba noutros autores, na primaria Bécquer e máis moza os autores da Xeración do 27 que a “deslumbraron”. Tras 15 anos publicando, segue “tirando&

Yolanda Castaño é unha poeta vocacional e adica os seus ratos de lecer á ler poesía. Confésase unha admiradora de autores galegos como Xoana Torres, Méndez Ferrín, dos escritores dos 80 como Pilar Pallarés, Xosé María Álvarez Cácamo e tamén dos da súa xeración (María Lado, María do Cebreiro, Olga Novo, Estevo Creus ou Emma Couceiro). 

A santiaguesa sinte especial devoción pola poetisa arxentina Alejandra Pizarnik representante do surrealismo poético dese país. “Sempre acabo recuncando nela na procura de novas mensaxes agochadas nos seus versos pero todas as poetas latinoamericanas dos anos 80 resultan do meu interese”, precisou. Destaca o poemario de Pizarnik  a “Extracción de la piedra de locura” máis convida a mergullarse na súa obra completa.

“Hai certo medo a ler poesía. Predomina o consumo directo, rápido e que non esixa esforzo e tamén hai que buscar lecturas que tiren da nosa intelixencia e nos poñan máis no límite”, reseñou.

En narrativa, sorprendeulle gratamente o libro “Bater de sombras” de Chisco Fernández-Naval. “É do mellorciño publicado neste último ano. O autor dá un xiro ás veces desacougante, non sempre amable”, explicou.

Cultura