Arzúa estrea nova pista de tenis

Arzúa estrea nova pista de tenis

30 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Os arzuáns amantes do deporte dispoñen dunha nova cancha de tenis na que practicar unha das disciplinas máis demandadas polos veciños do municipio. A nova pista está situada no complexo deportivo de O Viso, ao carón doutra pista de tenis xa existente, e rodeada dunha ampla oferta de infraestrutura deportiva. O concelleiro de Deportes, Xoán Xesús Carril, afirmou

Deste xeito, todas as persoas de Arzúa que se decidan a practicar algún tipo de deporte poderán escoller nun mesmo recinto, o complexo deportivo de O Viso, entre unha morea de disciplinas para as que se dispón da correspondente infraestrutura: campo de fútbol de herba artificial, polideportivo, canchas de tenis, piscina, pistas de atletismo, pistas de pádel e a pista de voleibol.

A construción da pista de tenis foi incluída para executar dentro dunha subvención da Deputación de A Coruña destinada a actividades e investimentos deportivos e tivo un custe de 38.750 euros, dos cales 30.000 pertenceron ao fondo provincial. A obra foi executada pola empresa Construcións Deportivas José Ramón e segundo manifestou o edil de Deportes, “supón poñer a disposición dos veciños un servizo que constitúa unha das nosas prioridades en materia de deportes e unha das principais demandas dos deportistas do municipio”:

A realidade das palabras do concelleiro reflíctese na alta demanda que experimentou a práctica do tenis en Arzúa nos últimos anos, de feito o tenis é unha das modalidades que se ofrece a través das Escolas Deportivas Municipais e que conta con 100 persoas inscritas, ás que hai que sumar aquelas que practican deporte por libre.

Sociedade