Arzúa inviste preto de 300.000 euros na construción do graderío do campo de fútbol de O Viso

Arzúa inviste preto de 300.000 euros na construción do graderío do campo de fútbol de O Viso

25 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A pasada semana deron comezo en Arzúa as obras de construción do novo graderío no campo de fútbol do complexo deportivo de O Viso. Nesta primeira fase que terá un custe de 262.573 euros, a empresa adxudicataria, Construcións Leonardo Miguélez, xa procedeu ao derrube das gradas existentes e construirá nos vindeiros seis

Nun principio levaranse a cabo as actuacións consistentes na creación da estrutura, a cuberta e os traballos de albanelería; quedando pendentes para unha segunda fase os traballos de remates, acabados e instalacións así como a preparación das pistas de atletismo que bordean o campo de fútbol de herba artificial.

As novas gradas contarán cunha tribuna que terá acceso pola parte de arriba, sendo ésta a entrada principal e non contando con acceso directo ao campo, para facilitar así unha separación entre público espectador e xogadores. A estrutura contará ademais con aseos e vestiarios na parte inferior, haberá dous para os xogadores e outros dous para os árbitros. Almacén e cuartos de caldeiras tamén formarán parte das novas instalacións.

Para protexerse da choiva, as gradas contarán con laterais e parte traseira protexida por cristais; non terán acceso directo ao campo e contarán cun pasillo frontal cunha baranda de protección.

A Deputación Provincial de A Coruña é o organismo que financia a práctica totalidade do investimento previsto para esta primeira fase, que se agarda estea rematada antes do vindeiro mes de agosto.

Dende o Concello de Arzúa, o Alcalde, Xaquín García, anunciou ademais que na actualidade xa “está en proceso de adxudicación a segunda fase desta actuación que permitirá desenvolver as obras necesarias para o seu remate”. Para esta segunda fase o Concello de Arzúa conta cunha aportación da Deputación Provincial da Coruña de 297.000 euros que servirán para, en palabras do Alcalde, “ deixar en perfectas condicións un recinto que conta cunhas instalacións deportivas de primeiro nivel”.

De feito nos últimos anos o Complexo Deportivo de O Viso sufriu unha reforma completa de todas as súas infraestruturas: construíuse un novo pavillón, un campo de fútbol de herba artificial, dúas pistas de tenis, unha pista de voleibol e dúas de pádel. Co acondicionamento agora das novas gradas e a mellora das pistas de atletismo crease un recinto “con infraestruturas novas, seguras e de calidade”, asegura o Alcalde.

Institucional