Arzúa premia as mellores parellas de capóns na tradicional Feira de Nadal

Arzúa premia as mellores parellas de capóns na tradicional Feira de Nadal

22 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O recinto feiral de Arzúa ateigouse esta mañá de criadores e produtores de capóns que expuxeron e venderon os mellores exemplares que criaron durante os últimos meses. Galos e galiñas piñeiras, capóns cebados e galos vivos estiveron presentes dende primeira hora da mañá agardando a que algún comprador os convertese no prato estrela das Fest

Os concelleiros do Goberno Municipal xunto co Alcalde de Arzúa presenciaron as vendas e a exposición dos exemplares dende primeira hora da mañá para proceder ao redor das 10 horas á entrega dos premios aos mellores exemplares, despois de que o xurado valorase a calidade, hixiene e presentación dos galos e capóns.

Nesta edición houbo 3 premios para cada unha das categorías, resultando gañadores as seguintes persoas:

Galos Vivos:

1º- Daniel Fernández Codesido (Salceda.- O Pino)

2º- Manuel Carril Pereira (Beseño.- Touro)

3º- Dolores Agra Agra (Vilantime.- Arzúa)

Galos Piñeiros:

1º- Ramón Rial Martínez (Branzá)

2º- José Ramón Rodríguez Furelos (Pantiñobre)

3º- Daniel Fernández e Carlos Macadán (Salceda)

Capóns Cebados:

1º- Lucinda Sexto Rey (Viñós)

2º- Jorge Conde Gómez (Maroxo)

3º- María Mercedes Castiñeira García (San Mamede.- Ferreiros)

O Alcalde de Arzúa fixo unha valoración moi positiva da feira destacando o feito de que “houbo máis exemplares ca en calquera outra edición o que significa que a feira segue sendo un referente na comarca” e agarda que “axude a revitalizar a economía nunha situación difícil como é a actual e converta o produto que se comercializa nun signo de identidade pola súa calidade”.

Sociedade