Arzúa solicita á Xunta de Galicia a ampliación do polígono industrial

Arzúa solicita á Xunta de Galicia a ampliación do polígono industrial

24 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Arzúa dispón no seu parque empresarial de tan só dúas parcelas libres, que representan un total de 5.500 metros cadrados, esta circunstancia motivou o encontro que no día de onte mantivo o Alcalde de Arzúa, Xaquín García, co Director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, José Boné, coa finalidade de evita

Arzúa dispón na actualidade de 98.600 metros cadrados de chan de uso industrial, desta superficie 58.000 metros corresponden á segunda fase de ampliación do polígono que se efectuou en xaneiro de 2.007 e que supuxo a creación e posta a venda de 15 novas parcelas. Daquela, fora a Consellería de Vivenda e Solo quen investira en Arzúa a cantidade de 1.651.357 euros en facer realidade o proxecto de urbanización, do que hoxe só quedan pendentes de vender dúas parcelas, que ocupan unha superficie total de 5.500 metros cadrados.

A tenor destas circunstancias e tratando de evitar que poida chegar o momento no que non se dispoña de solo industrial que ofrecer a quen desexe instalarse en Arzúa, o Alcalde solicitou a creación dunha terceira fase de ampliación do polígono ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo. O responsable do departamento autonómico, José Boné, atendeu a petición trasladada polo Alcalde e manifestou a súa vontade de estudar a posible ampliación do parque empresarial ao entender que se existen vendas de parcelas parece lóxico que se deba ter solo que ofrecer e vender. As perspectivas ofrecidas dende o organismo autonómico conlevarían a urbanización e creación de parcelas nunha parte do solo urbanizable delimitado que existe na actualidade aínda que non en toda a súa superficie.

Xaquín García amosábase esta mañá moderadamente optimista ante o ofrecemento do IGVS xa que aínda que non se urbanizase todo o solo dispoñible, se se fai unha parte e se crean novas parcelas esto significa unha ampliación do chan industrial existente e polo tanto vai permitir dar resposta ás demandas que poidan existir abrindo novas perspectivas de futuro para todas as empresas que desexen instalarse en Arzúa.

Institucional