Así facemos Europa

Así facemos Europa

11 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os intercambios de estudantes e profesores son un xeito acaido de construir a Europa dos povos, afirmou esta mañá en Radiofusión, un dos mestres de Italia que acompaña ao grupo de alumnos que pasan uns dias en Fene (A Coruña). Proceden dunha localidade próxima a Venecia. Sábelles a tortilla, o polbo á feira e quedarán namorados da paisaxe das rias de Galicia.

Un grupo de estudantes italianos pasan un dias en Fene con motivo do intercambio que realizan con estudantes do IES de Fene. Os alumnos e alumnas feneses estiveron en Italia o curso pasado e agora os italianos devólvenlles a visita. Chegaron o luns e conviven durante unha semana nos domicilios dos seus anfitrións. O alcalde e membros da corporación municipal ofrecéronlles unha recepción oficial ás 12 do mediodía. Os estudantes acudiron ao acto acompañados dos dous profesores que viaxaron con eles: Franco Guggino e Desiderio Carpenedo. Tamén a alumna Gloria Feltrín falou en Radiofusión da súa experiencia.

Sociedade