Ascenso de categoría

Ascenso de categoría
09 de Xaneiro, 2023 - 10:35 h. | Publicada por Radio Fene

O director e adestrador do Centro Canino Da Costa Verdecente, Iago Triana acadou esta fin de semana o ascenso á categoría de competición da Liga Autonómica de Agility co seu can ‘Lume’. A proba celebrada en Pontevedra resultou moi exitosa para o equipo mugardés.

 

A área recreativa do Couso-Lérez foi o escenario da terceira e cuarta proba da Liga Autonómica de Agility organizadas nesta ocasión polo clube Diverticans. Tanto na xornada do sábado como na do domingo, Iago Triana foi o vencedor, acadando así os puntos necesarios para o pase á máxima categoría do Agility galego. Ademais, os seus alumnos Noa Rañales con 'Meiga' e Xandre Díaz con 'Cora' tamén conseguiron podio na categoría de xuvenís, mentres Susana Rivera con 'True' acadou o sábado a primeira posición en iniciación. O Centro Canino Da Costa Verdecente ten unhas instalacións de máis de 3.000 metros cadrados no concello de Mugardos nas que non só conta con pista para Agility e adestramento senón tamén con residencia, perruquería e tenda de alimentación con produtos especializados.

Na imaxe, o agilitista mugardés Iago Triana tras acadar o ascenso co seu can 'Lume'.

Deportes

Publica o teu comentario agora