Ascensos de categoría

Ascensos de categoría
27 de Maio, 2020 - 02:13 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío e Cultural Maniños poderán xogar a vindeira tempada na Primeira Galicia de fútbol. Ascenden de categoría, segundo comunicou este mediodía o comité de competición da Federación Galega de Fútbol. O Perlío ascende por ser o primeiro do grupo de Ferrolterra da Segunda Galicia no momento no que parou a competición pola declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo. O Cultural Maniños figuraba na segunda posición e tamén ascende.

ESCOITA O PODCAST:

Alfredo Fernández (Cultural Maniños)

http://173.255.131.18/audio/270520FERNANDEZ.mp3

Julián Rico “Zubi” (Perlío)

http://173.255.131.18/audio/270520RICO.mp3

Partido Perlío - Maniños

Quedarán encadrados no grupo A Coruña - Ferrol que en principio conta con 21 equipos, entre os que se atopan o Miño, Valdoviño, Eume, Narón, Cedeira e O Val. Os directivos do Maniños Alfredo Fernández e do Perlío Julián Rico amosaron a súa satisfacción polo ascenso. "Sería mellor logralo no campo" matizou Alfredo, mentres que Rico aproveitou para felicitar aos xogadores e ao adestrador: "Vai ser difícil na situación actual solicitar colaboración económica pero a directiva non poderá cortarlle as alas a un grupo que leva moito tempo e moita pelexa para lograr ese obxectivo".

Deportes

Publica o teu comentario agora