ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Francisco Cruz, e o alcalde de Narón, Xosé Manuel Branco, rubricaron esta mañá un convenio de colaboración para a construción dun viveiro de empresas no polígono industrial de Río do Pozo.
En virtude deste convenio, o Concello realiza unha concesión de dominio, por un período de 30 anos, sobre unha parcela de máis de cinco mil metros na terceira fase do polígono, na que se vai a levantar esta nova infraestrutura empresarial.O proxecto supoñerá un investimento de 1.741.000 euros que se destinarán a construír un edificio de usos múltiples, cunha superficie de máis de 830 metros, repartidos en dúas plantas, e unha serie de naves industriais de pequena dimensión con 1.535 metros en total.
Para este ano 2010 está prevista a execución da primeira fase deste proxecto á que se destinará un millón de euros. O 70 % desta cantidade financiarase cunha axuda da Fundación Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa, Incyde.