A Asociación Aixiña xestionará a cafetería-comedor social do Fogar do Maior

A Asociación Aixiña xestionará a cafetería-comedor social do Fogar do Maior

19 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz vén de asinar o convenio de colaboración co Centro Especial de Emprego Aixiña para dar continuidade á xestión do servizo de cafetería e comedor social do Fogar do Maior, como viña realizando estes anos co Xantar sobre Rodas, un programa que nacía no ano 2006 e que achega a comida as casas de 70 usu

Este novo proxecto “é indicativo da aposta do Concello por mellorar as condicións de vida e atender ás necesidades que se presentan froito da evolución da sociedade” que o Alcalde Francisco compartirá con Aixiña, asociación coa que “compartimos un obxectivo común centrado na inserción socio laboral para discapacitados” e co que se pretende “integrar o comedor social como un elemento máis do fogar dos Maiores”

O rexedor municipal aclaraba tamén que “Non é un restaurante máis independentemente de que tamén estea aberto á posibilidade de subministrar comida a domicilio para aqueles que o desexen. O espacio é prioritario no uso das persoas maiores”

Propostas como a “creación e desenvolvemento dun proxecto de inserción laboral no comedor Social coa colaboración de Puzzle e os servizos sociais do concello” ou a posibilidade de “ poñer transporte de fin de semana para aqueles usuarios do Xantar sobre rodas que desexen trasladarse ó comedor social” serán estudadas polo Concello así como todas aquelas suxerencias “que os usuarios fagan para face un servizo ó gusto de todos”.

Institucional