A asociación Bimares organiza unha nova edición de “Camiñares”

A asociación Bimares organiza unha nova edición de “Camiñares”

23 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nesta ocasión, a entidade aresana promove a realización do Camiño Inglés a Compostela en catro xornadas. A peregrinaxe comezará o 11 de abril e terá continuidade os días 17 e 25 do mesmo mes, para concluír o 1 de maio. Segundo o presidente de Bimares, Alberto Perez, “Camiñares é un programa que naceu hai tres anos, froito de vivencias persoais en distintas rotas xacobeas”. O que se pretende con esta iniciativa “é

Nesta nova edición de Camiñares, os participantes terán que afrontar etapas que oscilarán entre os 24 e os 28 kilómetros. O primeiro día percorrerán o treito Ares-San Pantaleón das Viñas. A continuación, o 17 de abril, camiñarán ata San Paio de Vilacova e, o 25 de abril, ata Santa Cruz de Montaos. A peregrinaxe concluirá o 1 de maio coa etapa Santa Cruz de Montaos-Santiago de Compostela.

Calquera persoa, maior de 16 anos, pode participar nesta terceira edición de “Camiñares”. O prazo de inscripción remata o vindeiro 9 de abril e o custe da actividade ascende a 30 euros. Para anotarse, os interesados poden chamar ao teléfono 646-413548 ou enviar un correo electrónico ao enderezo bimares@bimares.net. A maiores, segundo informa a entidade, deben cubrir o formulario que se atopa na páxina web da asociación, www.bimares.net.

Sociedade