ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
www.poligonosetepontes.com. Este é o enderezo web que recentemente puxo en marcha a Asociacón de Empresarios Sete-Pontes de Vilalba. A partir deste sitio poderase acceder á actualización de novas relativas ó sector industrial vilalbés así como coñecer o entorno da vila e do parque empresarial desta.
A ferramenta vai servir para difundir novas e información relevante sobre o sector empresarial de Vilalba. Os membros da Asociación, que agrupa a numerosas empresas da capital da Terra Chá, poderán acceder a través do novo sitio web a documentación e contidos a través dunha área de interconexión privada.
O proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia e elaborado pola Consultora en TIC Softic, unha marca do Grupo Isonor.