A Asociación El Soplo busca voluntarios para subir ao cumio dos Ancares

A Asociación El Soplo busca voluntarios para subir ao cumio dos Ancares

16 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

Un lugar de montaña en Galicia? Os Ancares. O Pico Mustallar foi o escollido pola Asociación Deportivo-Cultural El Soplo para a primeira etapa galega dun proxecto que persegue ascender as cimeiras de todas as provincias do Estado e a dúas cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla, até completar 52 cumios. A iniciativa preséntase co título “I Estuche Naranja del Soplo

O Mustallar ten unha altitude de 1.935 metros. A Asociación El Soplo deseñou unha ruta de 13 quilómetros, con 900 metros de desnivel e unha duración aproximada de entre 5 e 7 horas. Partirá da Ermida de San Lorenzo, no Piornedo, ás nove da mañá. A todos os que se animen a acompañalos na experiencia, formando parte do que chaman a “marea laranxa”, váiselles agasallar unha camiseta e unha edición dixital do libro que pensan editar cando completen os 52 destinos. Neste iniciativa autofinanciada investirán doce meses de traballo. 
A andaina de El Soplo bota a andar este xoves día 17 dende Sanabria, en Zamora, percorrendo 23 quilómetros até chegar a Pena Trevinca. Esta fin de semana das festas da Pascua pasarana en Galicia, tentando sumar máis participantes ás ascensións en terras de Lugo e Ourense. Para saber máis do proxecto pódese visitar a web www.elsoploblog.es e visitar os seus perfís en Facebook, Twitter e Youtube. 
Deportes