A Asociación Memoria Histórica leva a Fene, Galegos en Mauthausen

A Asociación Memoria Histórica leva a Fene, Galegos en Mauthausen

08 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A exposición "Galegos en Mauthausen" da Asociación Memoria Histórica, chega á Casa da Cultura de Fene o venres dia 11 de xaneiuro. O historiador ferrolán, Enrique Barrera, inaugura a mostra cunha conferencia ás 20h. A exposición e o libro “Galegos en Mauthausen” xorden dunha iniciativa posta en marcha en 2011 polas asociacións ferrolás Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán para render homenaxe ao

Segundo o historiador Enrique Barrera, o obxectivo deste proxecto foi “botar luz sobre esta vergoña, saber cantos eran, como remataran en Mauthausen ou  Buchenwald, identificar os seus familiares e coñecer como viviron este drama nunha ditadura que antes lles negaba o dereito a chorar os seus mortos e agora nunha democracia onde teñen que escoitar voces que cualifican de vinganza a recuperación da memoria histórica e a dignificación das súas vítimas”.

Tal e como se reflicte no libro e na exposición, “é asombrosa a dignidade destes presos e tamén a dos seus familiares. Impresiona a rede de solidaredade que os nosos veciños foron capaces de articular nese inferno para sobrevivir e axudar a sobrevivir, o que non todos lograron. Tamén impresiona a serenidade (que non resignación) dos seus familiares ante a traxedia e como os sobreviventes foron capaces de transmitir aos seus fillos, fillas e amizades un código de valores e de xustiza onde estaba excluída a vinganza persoal”.

A  mostra poderá visitarse na Casa da Cultura de Fene (Avda de Conces, 20-22) dende o xoves 10 de xaneiro ata o vindeiro 24 de xaneiro en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas. 

Sociedade