As aspiracións da adolescencia

As aspiracións da adolescencia

08 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Os adolescentes de hoxendia conviven nun entorno tecnolóxico que se parece moi pouco ou case nada ao do universo analóxico dos seus profesores, cuestionando abertamente por iso os procesos de aprendizaxe tradicionais". A constatación desa evidencia impulsou ao profesor de Historia do Instituto Concepción Arenal de Ferrol, Manuel González a compartir unha experiencia rupturista.

Manuel González describe a iniciativa nun artigo do último número de Tempos Novos. Para o profesor, o problema fundamental do ensino na actualidade é a "emerxencia de novos xeitos de socialización e comprensión da realidade que viven mozos e mozas que agromaron no tempo de Internet". Moi a miudo o profesorado revela incapacidade para "interpretar o porqué das súas condutas, valores e actitudes".

A partir desa analise, González deseñou un programa de Cultura Audiovisual (materia obrigatoria no Bacherelato de Artes) baseado unicamente en prácticas dinámicas. Un dos traballos -realizado por alumnos e alumnas co seu teléfono móbil- consistiu na realización de videoclips e historias líbres a partires de cancións de grupos musicais de Ferrol. Conclue o profesor citando a Agustín Fernández Paz_ "Co traballo dende as aulas podemos cambiar o mundo".

Sociedade