Asterix e Obelix na biblioteca de Fene

Asterix e Obelix na biblioteca de Fene

16 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Enfermeiras, pallasos, piratas, de todo había esta mañán na biblioteca de Fene. Sumouse este ano ao antroido infantil, con contacontos e obradoiro de maquillaxe, daí a afluencia inusitada de pequenos que participan no sorteo de agasallos como o un mp4, un ordenador infantil e lotes de libros.  

En Fene asistimos esta tarde, na praza do concello, a unha nova festa infantil dende as 5,30 da tarde coa orquestra Xente Nova e a degustación de lambetadas do Antroido, doadas polas panaderías Ramón de Sillobre, A María e Confiteria Martínez de Fene, El Cruce de Maniños, A Broa de San Valentín, Larpeiradas e Confitería Sara de Perlío.

As 7 da tarde a comparsa do antroido recorrerá as principais avenidas, saíndo da do Mar de San Valentín, por Marqués de Figueroa e Naturais de Fene. As 10 da noite, comezará na Praza do concello de Fene o Velorio de Antón e a verbena coa orquestra Xente Nova. 12 desta mañan, empezou na biblioteca de Fene o obradoiro de maquillaxe a cargo demonitores de Dinamo Xestión.

Numerosos nenos e nenas pintaron a faciana acorde co disfraz que levaba enriba a maioria deles. Topamos con duas bibliotecarias convertidas por un dia en Asterix e Obelix, porque estes dias os nenos que acudiron as actividades da biblioteca tiñan que acertar de que personaxes se trataba. Optan asi a un concurso dotado con dous premios; un ordenador infantil e un MP4 acompañados de dous lotes de libros.

 

En Ferrol tamén se celebra esta tarde o dia central do Entroido. O desfile de comparsas sairá ás sete da tarde da Praza de Amboaxe en dirección á Praza de Armas onde interpretarán cancións e coplas satíricas.

Sociedade