Ata o 40 de maio non te quites o saio

Ata o 40 de maio non te quites o saio

12 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Facendo caso omiso ao refrán popular, os galegos e as galegas botáronse ao mar.Este inverno antollouse maléfico e a xente estaba ansiosa porque o sol entrase nos seus encollidos corpos. O panorama que ofrecía a praia de Riazor na Coruña é unha boa proba. Os coruñeses, os máis ousados botáronse ao areal, a pesar de estar en "reformas" e unha parte pechada ao público.Os cáutos conformaronse con trasegar o paseo mar&iac

Como cada primavera a praia de Riazor está en obras para reparar os danos causados polos sucesivos temporais e repoñer a area que leva o mar. Con esta situación de provisionalidade  toparonse os primeiros bañistas da temporada esta fin de semana, coa praia do Orzán pechada a cal e canto por estar a maquinaria removendo na area, mentras que Riazor presentaba unha longa cordilleira de area sobre a que se colocaron as toallas.
No medio deste panorama, no cume do montículo un gran castelo reivindicativo acompañado do lema "Os castelos de area lévaos o mar" en alusión ao proxecto do Ministerio de Fomento de gañar aínda máis terreo ao mar unindo os tres areais, Riazor,Orzán e O Matadeiro,sorteando o rompeolas, coa intención de que quede finalmente unha única praia.
A idea é valente pero a cidadanía, cos pés na terra, teme que demasiado arriscada, non en van cada inverno o océano invade o que lle foi roubado noutrora e se cobra area, e tantas veces o petril de pedra do paseo. En fin, gardemos as toallas, que sigan as reformas, porque o luns baixan as temperaturas de novo -17º de máxima na Coruña- e os ceos traen nubes.

Sociedade