Atopan o cadáver dun home no maleteiro dun coche en Vilalba

Atopan o cadáver dun home no maleteiro dun coche en Vilalba

10 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Un corpo en avanzado estado de descomposición foi o que se atoparon os membros da Policia Local e da Garda Civil ao abrir o maleteiro dun Seat Toledo estacionado na rúa Lois Peña Novo de Vilalba. Un forte cheiro e unha nube de moscas atraeran a atención dos axentes municipais de patrulla pola zona. A autopsia realizada esta mañá revela que a morte se produciu por causas naturais. O corpo podería pertencer a un taxista de Oviedo desaparecido no pasado mes de o

Arredor das dez da noite descubriuse a existencia dun cadáver no interior do maleteiro dun turismo que se encontraba estacionado nunha zona próxima á estación de autobuses da capital chairega. A Garda Civil mantén aberta unha investigación para determinar que puido ocorrer. As primeiras hipóteses encamiñábanse cara a unha posible morte violenta, con todo aínda quedaban moitas pezas que colocar dentro dun crebacabezas que onte á noite se prevía moi complexo tendo en conta que o cadáver podería atoparse nun avanzado estado descomposición.

Segundo diversos testemuños recolleitos na zona, foron os compoñentes dunha patrulla da Policía Local de Vilalba quen, ao pasar pola rúa Lois Peña Novo decatáronse de que había un cheiro forte na contorna dun coche aparcado e que sobre o vehículo, un Seat Toledo, de cor gris, había unha nube de moscas. A situación pareceulle estraña aos axentes, que se puxeron en contacto de inmediato coa Garda Civil do posto de Vilalba. Ao lugar desprazáronse varios gardas civís, que comprobaron que o mal cheiro proviña do maleteiro do Seat Toledo gris escuro, con matrícula 9466-CWN. No interior non se vía nada polo que a atención centrouse de inmediato no portaequipaxes. Con todo, o peche centralizado do coche non permitía realizar a apertura do maleteiro, polo que foi necesario puentear o sistema eléctrico para poder abrilo.

Unha circunstancia chamaba poderosamente a atención dos alí presentes. A porta do condutor e do maleteiro estaban pechadas. As demais atopábanse abertas. Preto das once da noite por fin os axentes lograron abrir o maleteiro e no interior atopábase un cadáver, que podería corresponder a un home e que estaba moi deteriorado polo paso do tempo.

Traslado a unha nave

Tras o achado, ao lugar dos feitos acudiu a autoridade xudicial para decretar o levantamento do cadáver. Tamén se presentaron membros do equipo da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Lugo, que foron quen realizaron a inspección ocular e comezaron a recollida de posibles pegadas.

A zona onde apareceu o vehículo está nas proximidades da estación de autobuses de Vilalba. Algunhas fontes apuntaron que lles parecía lembrar que hai algún tempo viron a un home que, nalgúns momentos introducíase no Seat Toledo gris.

Sociedade