Atopan o corpo dun dos desaparecidos na zona do Millenium

Atopan o corpo dun dos desaparecidos na zona do Millenium

27 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O axente da Policía Nacional, Javier López López, de 38 anos de idade, é a vítima mortal do suceso rexistrado esta madrugada na praia do Orzán da Coruña cando tres policías tentaban rescatar a uns mozos que se estaban a bañar no mar no medio dun temporal. O corpo do axente foi localizado preto do Obelisco Millenium contras as nove da mañá. A alerta dábaa contra as cinco e media da madrugada outro mozo que foi rescatado con v

As primeiras hipóteses apuntan a que o suceso puido inciarse cando un grupo de estudantes do programa de intercambio Erasmus, que estaban a celebrar na zona de copas próxima á praia a festividade universitaria de Santo Tomás de Aquino decidiron, logo da inxesta de alcol, bañarse en augas da praia do Orzán. Por mor do mal estado do mar, en alerta por mar de fondo e ondas de tres a catro metros, dous deles foron arrastrados. Tres axentes de Policía alertados decidiron rescatalos, pero tras sacar a un deles,  foron vítimas da forza dunha ondada que os levou mar adentro. O supervivinte é un mozo de nacionalidade española, de 26 anos, recuperado dos síntomas de hipotermia que amosaba.

Tres helicópteros e varias embarcacións continúan facendo as pescudas para tentar localizar os corpos dun dos bañistas -supostamente un mozo de nacionalidade eslovaca- e de dous axentes que permanecen aínda desaparecidos. A familia da vítima mortal confirmada estaría no areal do Orzán, participando no proceso de identificación do cadáver. Mentres, o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, evitou confirmar se se produciron detencións para investigar o suceso.

O ministro do Interior, Jorge Fernández, viaxa á Coruña para interesarse polo acontecido, mentres que o reitor da Universidade herculina, Xosé Luís Armesto, anulou os actos da festividade académica. Os conselleiros de Presidencia e Educación tamén anularon as súas axendas. O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, segue dende primeira hora da mañá o rescate a pé de praia.

Sociedade