Atopan o corpo sen vida de Laura Alonso

Atopan o corpo sen vida de Laura Alonso

29 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Laura Alonso, a moza de 19 anos desaparecida na madrugada do pasado luns tras saír cos seus amigos, foi atopada morta esta tarde na localidade de Toén (Ourense). O corpo sen vida de Laura Alonso foi achado ás 18.30 horas, segundo fontes da Subdelegación do Goberno. O cadáver atopábase na zona na que fora achada a chaqueta da moza, nun cortalumes situado a escasos quilómetros da súa vivenda.

Laura saíra a noite do pasado domingo e non regresou ao seu domicilio, polo que a súa familia denunciou a súa desaparición, o que propiciou os traballos de procura, que localizaron o móbil da moza sen batería nin tarxeta, o coche estacionado nunha pista que non utilizada habitualmente e posteriormente a chaqueta noutra zona totalmente distinta ao lugar no que estaba o vehículo.

Sociedade