Atopan o corpo sen vida do patrón do volanteiro Hermanos Landrove

Atopan o corpo sen vida do patrón do volanteiro Hermanos Landrove

08 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dous mergulladores de Salvamento Marítimo atoparon a primeiras horas desta mañá no interior do pesqueiro o corpo sen vida do patrón do Hermanos Landrove. O volanteiro naufragou a 15 millas ao Noroeste de Cedeira, arredor da unha e media desta madrugada. Trátase dun pesqueiro novo, dun ano de vida e con base en Cariño (A Coruña). Dalí é toda a súa tripulación.

O falecido é Andrés Landrove Yañez, patrón e armador do buque, natural da Pedra en Cariño. Os outros 6 tripulantes chegaron sans e salvos a primeiras horas da mañá ao porto de Cedeira. Foron rescatados dunha lancha de salvamento por outros barcos que faenaban na zona. Nos labores de búsqueda participaron embarcacións de Salvamento Marítimo, o helicóptero Pesca II e barcos de Cariño e Cedeira.

 

 

 

 
Sociedade