A auga das praias de Ares é apta para o baño, segundo a contraanálise encargada polo concello

A auga das praias de Ares é apta para o baño, segundo a contraanálise encargada polo concello

16 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A contraanálise encargada polo Concello de Ares a un laboratorio ferrolán, deron resultados óptimos e indican que a auga dos areais urbáns son aptas para o baño. Agora deben agardar pola contraanálise que realiza a Consellería de Sanidade antes de levantar os carteis que prohiben o baño. O turismo é un dos sectores máis importantes na economía aresana e queren abrir a temporada con tranquilidade.

O alcalde, Julio Iglesias, porá en coñecemento da Consellería de Sanidade os resultados encargados a un laboratorio de Ferrol para abrir os areais ao baño.

A contraanálise encargada o pasado venres polo Concello de Ares a un laboratorio de Ferrol para analizar as augas das praias urbáns da vila, que, segundo un informe remitido ao Consistorio o xoves a última hora da mañá, non eran aptas para o baño, arroxaron un resultado óptimo, o que significa que si son aptas. A primeira hora desta mañá, o laboratorio confirmaba ao Concello o resultado da analítica.


Agora, o alcalde porá en coñecemento da Consellería de Sanidade estes datos. Precisamente este departamento da Xunta realizou onte outra análise, que o rexedor confía que sea dado a coñecer con premura, sobre todo tendo en conta que mentres que a Consellería non dea o visto bo, os carteis informativos instalados nas praias de Ares e O Xuncal indicando que as augas destes areais non son aptas para o baño, terán que seguir colocados nos mesmos lugares.


Iglesias non descartou asumir durante a tempada de verán a realización de analíticas periódicas, fundamentalmente para que veciños e turistas teñan a máxima tranquilidade á hora de bañarse nas praias urbáns dun municipio, como o de Ares, que ten no turismo un dos seus principais motores económicos.

 

Sociedade