Aumenta un 47% a quebra de empresas e familias galegas no segundo trimestre do ano

Aumenta un 47% a quebra de empresas e familias galegas no segundo trimestre do ano

05 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As familias e empresas galegas que se declararon en concurso de acredores, é dicir, en suspensión de pagos e quebras, ascenderon a 106 durante o segundo trimestre deste ano, o que supón un incremento do 47,2% respecto ao trimestre anterior e do 51,4% en comparación co mesmo período de 2008. Así o recolle un informe do Instituto Nacional de Estatística. Dos concursos d

Índice de Produción Industrial

O Instituto Nacional de Estatística tamén deu a coñecer o Índice de Produción Industrial. Produción que en Galicia caeu en xuño un 15% respecto ao mesmo mes do ano pasado, medio punto máis que no resto do Estado. Galicia situouse entre as dez comunidades autónomas que maior diminución experimentaron na fabricación de bens de consumo nos últimos doce meses.

A pesar da leve recuperación da actividade das industrias galegas o mes pasado respecto a maio, mes no que o descenso da produción alcanzou o 21,9 %, o Índice de Produción Industrial acumula un descenso do 19,9% no que vai de ano, 1,6 puntos por debaixo da redución media do conxunto do Estado.

En España, o Índice descendeu un 14,5% en xuño respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Sociedade