Aumento de peso & perda de masa muscular

Aumento de peso & perda de masa muscular
15 de Abril, 2020 - 12:59 h. | Publicada por Radio Fene

Preocupémonos máis da perda de masa muscular nesta pausa da pandemia que do aumento de peso, que tamén, afirma o experto en Ciencias do Deporte, José Barcia. Un pouco cada dia é a receita.

ESCOITA O PODCAST:

Ante a realizade de confinamento á que estamos sometidos, non debe preocuparnos tanto o aumento de peso, que tamén, como a perda de masa muscular porque iso vai acarrear futuros problemas de saúde. O graduado en Ciencias do Deporte, José Barcia, recomendanos facer exercicio máis aló dos michelíns e da celulite. Esta pausa no exercicio físico de quen practicaba deporte e a pausa do movemento para o resto dos mortais, pode ter consecuencias nefastas. Así que non queda outra que facer exercicio.

Dentro das nosas posibilidades, Barcia aposta por mesturar diferentes actividades que conleven a movilidade articular, a forza e algo de cardiovascular. A cantidade tamén é importante porque se poden dar casos de xente que abusa e se pasa. Barcia recomenda utilizar o exercicio físico con rigor. Iso qué significa? Que fagamos todos os días un pouco, entre media e unha hora diarias, aparte de manternos activos noutras tarefas domésticas, etc…Variar os contidos se pretendemos facer máis exercicio do estrictamente necesario. E outra recomendación que nos fai hoxe José Barcia no espazo Vilanova é que impliquemos a toda a familia, adultos e infantes no exercicio, mesmo botando man dos xogos tradicionais.

(Na imaxe, co seu permiso, Almudena Marcos e Quico Cadaval no Museo do Humor, cun exemplo de exercicio de movilidade muscular)

Deportes

Publica o teu comentario agora