Aumento do comercio minorista en Fene

Aumento do comercio minorista en Fene

01 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O comercio minorista en Fene medrou nos últimos cinco anos. Segundo os datos do Anuario Económico de La Caixa , no 2008 rexistrábanse 301 establecementos de actividades comerciais minoristas, fronte aos 250 do 2003. Entre os establecementos destacan os 104 restaurantes e bares e os 30 supermercados. O Anuario informa tamén da existencia de 180 empresas dadas de alta para actividades da industria e da construcción. Igualmente recolle as 11 entidades bancarias abertas no t&e

Fontes da oficina de La Caixa de Perlío, indicaron a Radiofusión que os datos recollen o crecemento rexistrado entre o 2003 e o 2008, pero que posiblemente o número de establecementos descenderá neste ano 2009. Neses cinco anos o ritmo de edificación e a atracción de poboación nova doutras localidades favoreceu a apertura de comercios. En cambio na actualidade, a xente ten apuros e hai moitos pensando en botar o peche, afirmaron dende La Caixa. A entidade bancaria sinalou que continuan a dar préstamos a particulares e empresarios. Unicamente ao variar a situación do emprego, pídense máis garantias e avalistas, afirmaron.

Sociedade