Auténticas leoas

Auténticas leoas
07 de Decembro, 2021 - 10:59 h. | Publicada por Radio Fene

"Un gol de María no minuto 11 púxonos por diante no marcador, logramos aguantar as arroutadas do rival cun auténtico partidazo da porteira Jenny, empataron xa case no descanso" afirma o adestrador do Perlío Juan José Lorenzo. "Loitaron como auténticas leoas, pero o Amistade é un equipo de outra categoría, claro candidato ao ascenso". Perlío 1 - Amistade de Meirás 5. Segunda División galega de fútbol feminino. 

ESCOITA O PODCAST:
Perlío - Narón O Freixo

Na próxima xornada o Perlío visita ao colista o Pastoriza B. "Hai que ter coidado, é un equipo en progreso, con xogadoras moi novas e moita rapidez polas bandas". 

Fotografía: Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora