A autenticidade galega

A autenticidade galega
12 de Marzo, 2020 - 11:23 h. | Publicada por Radio Arzúa

A poetisa canadense Anne Carson é unha rara avis no panorama poético mundial. Ten a habelencia para converter en ouro todo canto toca literariamente. Tipos de agua. El Camino de Santiago, non é unha crónica, nin moito menos, unha guía do camiño.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Sara Cantú, Esther Val, Tatty Lavandeira, Andrés C.M.Riveira e Henrique Sanfiz sobre o libro de Anne Carson Tipos de auga. El Camino de Santiago

http://173.255.131.18/audio/110320VAL.mp3

Sara Cantú traduciu o libro de Anne Carsson

O volume está cheo de preguntas e de ironía. Para a tradutora do libro Sara Cantú, “á autora lle intriga a néboa de Galicia e se namora desta terra pola súa autenticidade e sinceridade”. O personaxe principal do libro é o peregrino, pero ao final de cada capítulo se insertan diferentes versións do peregrino. Carson non é unha escritora común. Mistura unha orixinal complexidade formal coa tenacidade coa que sostivo durante décadas, unha obra sutilísima e chea de vida. “Tipos de agua”, editado por Vaso Roto, é un libro minimalista, depurado e filosófico.
Falamos do libro de Anne Carson. Tipos de agua. El Camino de Santiago, no club de lectura de Radio Fene Radiofusión. Interviñeron a tradutora do libro Sara Cantú, Esther Val, Tatty Lavandeira, Andrés C.M. Riveira e Henrique Sanfiz.

Cultura

Publica o teu comentario agora