Autoconfianza

Autoconfianza
11 de Marzo, 2020 - 12:54 h. | Publicada por Radio Fene

A confianza ou autoconfianza pode ser ocasional ou un estado. A confianza retroaliméntase en todos os eidos da vida pero no mundo da competición é moi relevante.

ESCOITA O PODCAST:

"A confianza non é algo que teñas, gardes nun peto e conserves para o resto da túa vida. Senón que vén e vai" afirma o adestrador do Liverpool, Jurgen Klopp. Falamos dese tema en Vilanova, con José Barcia, xusto no dia en que o Atlético de Madrid do Cholo Simeone visita Liverpool na volta de semifinais da Champions. Barcia asinte cando Klopp dí que a confianza "vén e vai" e que esta é importante en calquera parcela da vida. José Barcia afirma que calquera logro que vaiamos tendo na vida, influe no noso grao de autoconfianza que pode chegar a ser un estado. Como podemos facer para mellorar e manter o noso nivel de autoconfianza?. A iso response José Barcia hoxe no espazo de Vilanova.

Deportes

Publica o teu comentario agora