Autoestima e empoderamento

Autoestima e empoderamento
20 de Xullo, 2020 - 02:22 h. | Publicada por Radio Fene

Queda algunha praza aínda para o Proxecto INDIRA no concello de Fene. Este ano só poderán participar doce mulleres. O prazo remata o 31 de xullo.

ESCOITA O PODCAST:

Mentres traballan na actualización das axudas sociais municipais, para levalas revisadas a pleno en outono, o departamento que dirixe a edil Mª Carmen Martínez, preparase para arrancar co proxecto INDIRA. 12 mulleres nada máis, por obrigas da Covid19, poderán participar no proxecto deste ano, entre o 4 de agosto e o 17 de setembro. Todos os martes e xoves dese período realizaranse as actividades, entre as 10 e as 12 polas mañás. Ata o 31 de xullo permanece aberto o prazo de inscripción nos Servizos Sociais municipais, dirixíndose ao correo smam@fem.gal ou nos teléfonos 981342607 3 981 792706.

Unha psicoterapeuta dirixirá o obradoiro que quere, en palabras da concelleira M.ª Carmen Martínez, empoderar ás mulleres, devolverlles a autoestima e dar un paso cara a igualdade. Relaxación, autocoñecemento, vivencias e outros recursos utilízanse neste proxecto que Fene acolle desde o ano 2018.

(Mª Carmen Martínez, en primeiro termo. 8 de marzo de 2020)

Institucional

Publica o teu comentario agora