Autonomía dos concellos

Ovidio Rodeiro destacou do Fondo de cooperación, o respeto pola autonomía dos concellos
21 de Febreiro, 2019 - 11:16 h. | Publicada por Radio Fene

O Fondo de cooperación local deixa na comarca de Ferrol sete millóns e novecentos mil euros, repartidos con criterios acordados coa FGAMP. Fene recolle case 600.000 euros.

ESCOITA O PODCAST:

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá ao alcalde de Fene, Gumersindo Galego, para falar das axudas do Fondo de cooperación local na comarca de Ferrolterra onde a Xunta investíu case oito millóns de euros. Un millón 200.000 son para Ferrol e 600.000 correspondenlle a Fene. As axudas están consensuadas coa FGMP.

O delegado territorial da Xunta definiu estas axudas como respetuosas coa autonomía dos concellos xa que son os entes locais os que deciden en qué invertilas. No caso de Fene, Gumersindo Galego explicou que neste municipio as achegas do Fondo de cooperación local empregáronse en obras necesarias básicas para a poboación, obras de acondicionamento, saneamento e alumeados. Concordou Galego na vantaxe que supón para os concellos ter a liberdade de destinar o Fondo ao que consideren máis oportuno, non como o caso dos plans da Deputación, máis esixentes e que impoñen máis condicións.

Institucional

Publica o teu comentario agora