A AVV de Perlío amósase moi reivindicativa

A AVV de Perlío amósase moi reivindicativa

15 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O remozamento da Praza da escola ou o asfaltado da rua da Torre son algunhas das asignaturas pendentes coa parroquia de Perlio, segundo o presidente da AVV da entidade veciñal, Carlos FernándezViaxes ao Madrid monumental, a Portugal e a Extremadura son algunhas das ofertas da AVV de Perlio para este ano 2010.

O presidente da AVV de Perlío seguiráo sendo un ano máis tal e como foi ratificado onte domingo na asamblea anual de socios-as. Non se produciron cambios na directiva e os socios-as aprobaron as contas, por certo saneadas. Os socios-as seguirán pagando a mesma cota anual de 12 euros.

O presidente, Carlos Fernández, trasladou á asamblea celebrado onte domingo e a radiofusión as demandas da entidade, que empezan polo propio local que precisa un pintado exterior e a remodelación da Praza da escola; ou a sinalización perimetral do feirón para ordear mellor os postos de venda.

Carlos Fernández trasladou o mes pasado ao concello fenés as melloras máis urxentes, segundo o seu criterio, para a parroquia: o asfaltado da rua da Torre; o alumeado do Penedo de abaixo, a colocación das bandas rugosas na rua Rio Cádavo para aminorar a velocidade dos veículos e, por fín sustituir os pasos elevados que unen as duas zonas da parroquia divididas pola via do tren.

Sociedade