A AVV de Perlio reclama melloras para esta parroquia

A AVV de Perlio reclama melloras para esta parroquia

28 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Veciñal de Perlio quere reordenar o feirón da parroquia que se celebra os segundos e cuartos domingos de mes. Reclaman dende hai tempo a colocación de sinais que ordenen os postos dos vendedores e faciliten o tránsito dos visitantes e dos veículos. O presidente da entidade, Carlos Fernandez, reclama ao concello unha reorganización do tráfico en Perlío no seu conxunto.

A directiva da AVV ten en carteira moitas peticións. Entre elas a sustitución do paso elevado sobre a via do tren, urxindo aos responsables municipais que decidan dunha vez a execución do paso soterrado. Aínda denuncian o estado dos parques infantís, sobre todo o ubicado na praza da escola do que piden a supresión. A entidade veciñal de Perlio non se opón ás obras de remodelación da praza do Ameneiral, pero crén que o elevado investimento podería derivarse a outras infraestructuras. 

Carlos Fernández demandou tamén no nome da asociación veciñal, que se solucione o acceso á Galescola e se realice a xestión definitiva con Navantia para que se derribe o muro e se cree un acceso directo á galescola así como un aparcamento para os usuarios.  

Por ultimo demandan unha actuación nas inmediacións do Casino de Perlio, destapando o río e creando unha zona de recreo e paseo para os veciños e veciñas.


A AVV de Perlío goza de boa saúde porque o numero de socios vai en aumento, así como o numero de actividades que desenvolve. 321 socios ten neste momento a entidade que o pasado mes de marzo celebrou asamblea xeral na que saíu reelexida a xunta directiva á que se sumaron novos socios.
En Perlio teñen actividades continuadas todo o ano de ioga (50 persoas)  e manualidades (45). Ademais realizan outras puntuais como as viaxes que realizaron a Cantabria e Portugal. Neste momento teñen cheo un autobus para viaxar a Salmanca os dias 6 e 7 de xuño. Despois virá a churrascada do San Xoan na praza da escola. De cara ao verán programaron excursións gratuitas, pensando nos nenos, ao parque acuático de Cerceda e outra a Marcelle, nos meses de xullo e agosto.   

Sociedade