Axudas ás entidades sociais

O Concello de Fene destina a estas axudas un orzamento máximo de 79.000 euros.
17 de Setembro, 2019 - 12:54 h. | Publicada por Radio Fene

Entidades culturais, educativas e deportivas de Fene poden solicitar as axudas para as actividades organizadas en 2018.

O Concello de Fene establece o prazo de solicitude das entidades ata o 1 de outubro ás 14:00 horas. Subvencionaranse gastos de funcionamento, mantemento e tamén de organización de eventos e actividades e desprazamentos. As subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixense a entidades culturais, deportivas e educativas sen ánimo de lucro. Coas mesmas, poderán afrontar gastos de mantemento, funcionamento e organización de actividades correspondentes ao ano 2018 ou ao curso 2017/2018. O Boletín Oficial da Provincial publica hoxe o extracto das bases que rexerán a concesión destas axudas, que se poden solicitar dende as 00:00 horas de mañá ata as 14:00 horas do 1 de outubro de 2019. O Concello de Fene destina a estas axudas un orzamento máximo de 79.000 euros.

No que respecta a actividades culturais, as axudas van dirixidas a afrontar gastos correntes derivados de celebracións, exposición, concursos, certames, mostras, excursións, conferencias e estudos; gastos correntes de funcionamento da entidade (teléfono, luz, gasóleo, consumibles de oficina...); gastos de organización de escolas culturais, de organización de festas e romarías, de desprazamentos para realizar actividades e outras. (muiño sede de Aetna)

As entidades deportivas poden presentar a documentación correspondente a gastos correntes de funcionamento e participación en campionatos deportivos, como fichas de inscrición, desprazamentos, gastos de mantemento e funcionamento das instalacións (luz, teléfono, pequenas obras, consumibles de oficina...); gastos de organización de escolas deportivas e a organización de actividades deportivas de interese público.

As axudas dirixidas a actividades educativas permitirán ás entidades presentar gastos derivados da organización de escolas culturais, deportivas, excursións, festivais e outras actividades de interese educativo.

Institucional

Publica o teu comentario agora