Azkar Lugo e a Selección Galega de Futbol Sala xogaranse hoxe o III Trofeo Concello de Guitiriz

Azkar Lugo e a Selección Galega de Futbol Sala xogaranse hoxe o III Trofeo Concello de Guitiriz

06 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Pavillón Municipal de Guitiriz acollerá, a partir das 20.30 horas, a III edición do Trofeo Concello de Guitiriz de Fútbol Sala. Esta competición, que se disputa a partido único, contará coa participación do Azkar Lugo e unha selección dos mellores xogadores galegos, convocados pola Federación Galega deste deporte.

Para este choque, o Azkar viaxará con todas as súas estrelas, xa que a única baixa confirmada será a de Fernandinho, que se atopa concentrado coa selección de Brasil. Sen embargo, os que se acheguen pola vila chairega poderán desfrutar coas evolucións sobre a pista de xogadores coma Óscar, Mimi, Miguel, Renatinho ou Hugo.

Deportes