Búscase lugar para un parque Royal Canin

Búscase lugar para un parque Royal Canin
22 de Outubro, 2020 - 11:19 h. | Publicada por Radio Fene

A mascota xa é un membro máis de moitas familias. Gatos, cans, paxaros, tartarugas, peixes… hai que ten serpes na casa. Pouco a pouco as mascotas proliferan. O can sempre recibe con alegría á xente cando chega á casa. Hoxe falamos destas novas amistades coa concelleira de Medio Ambiente de Fene, Marta Pereiro

ESCOITA O PODCAST:
Marta Pereiro, Concellerida de Medioambiente de Fene

Traballando polas mascotas e tamén por todos os animais que aínda non atoparon unha familia. Este é o que motiva o traballo da concelleira que explica proxectos e realidades. 

A ducha canina instalouse hai dúas semanas en San Valentín e dende aquela fíxose moi popular. Está nun emprazamento estratéxico, o paseo marítimo desta parroquia é un dos puntos máis transitados de todo o municipio. Ben sexa para ir a andar só ou acompañado, moita xente acude a esta zona da ribeira cos seus cans. Tamén hai que ter en conta que as vivendas máis cercanas son pisos e, nos casos das mascotas máis grandes, ter esta alternativa preto da casa poder ser un alivio. Iso si, mantendo un respecto polo medio ambiente.

Ademais desta ducha que se adapta dende un chihuahua a un San Bernardo, naceu o perfil de Instagram de FeneAdopta. É unha conta que funciona como “escaparate” para todos aqueles amigos de catro patas que buscan fogar ou foron atopados na rúas de Fene. Como dí a concelleira “aínda está en período de proba”. Podémolos atopar no Instagram co user de @fene_adopta, onde conta con 116 seguidores. Medio Ambiente tamén quere mellorar as instalacións do refuxio de animais de Mougá

As novas non rematan aquí. Entre outras cousas, están na pescuda dunha praia que se poida acondicionar para as mascotas. Isto é complicado xa que hai algunhas que son para mariscar e outras que, en certas épocas do ano, son fogar de aves migratorias. Ao mesmo tempo están a buscar, tamén, un espazo no que situar un parque Royal Canin dentro do Concello para o adestramento dos cadelos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora