Bacallau con aroma Ferrol

Bacallau con aroma Ferrol

19 de Novembro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A empresa Pesquerias y Secaderos del Bacalao de España S.A (Pysbe) creouse en 1919 en Pasaxes no País Basco. A factoría de Ferrol botou a andar en 1945, aínda que xa no 1933 houbo unha primeira intentona frustrada pola guerra. A Pysbe ocupaba unha superficie de 12.000 metros cadrados en terreos do porto ferrolán.

Dotouse coa maquinaria máis moderna, especialmente os compresores de amoníaco para a obtención do frío artificial, a base principal da industria. Segundo a investigadora vasca, Maite Tolosa, a instalación de Ferrol era moi relevante. O seu impacto social foi tremendo.

Sociedade