Badaladas de alegría

Badaladas de alegría
22 de Febreiro, 2019 - 01:28 h. | Publicada por Radio Fene

Rosalía nena india, poeta dos nosos dias, que pos no sentir do pobo, badaladas de alegría.  A canción Rosalia pequeniña puxo o punto e final ao festival que esta mañá protagonizou o colexio de Franza no local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo en Mugardos.

Rosalia no Seixo

A rapazada cantou a canción Se a vernos Marica nantronte viñeras, á festa do Seixo na beira do mar. Escenificou un fragmento da obra “Rosalía, poeta na beira do mar” e se puido ver un video gravado cos nenos e nenas de Franza recitando poemas en diferentes lugares do Seixo. Numerosos pais e nais asistiron tamén e aplaudiron as diferentes actuacións que pasaron polo escenario.

O Concello de Mugardos continua coas súas actividades arredor do Día de Rosalía. O grupo de teatro Teruca Bouza escenificará a obra "Rosalía poeta na beira do mar" o domingo ás sete da tarde no Casino mugardés.

Cultura

Publica o teu comentario agora