Balance do teletraballo

Balance do teletraballo
01 de Xullo, 2020 - 10:27 h. | Publicada por Radio Fene

O teletraballo, veu para quedar?

ESCOITA O PODCAST:

A experiencia do teletraballo, tanto para as empresas como para os traballadores ou o salario emocional son temas abordados hoxe en Vilanova polo psicólogo José Barcia. Empezan a aparecer estudos sobre como funcionou o teletraballo ao que nos vimos abocados a causa da pandemia da Covid19. “Interesantes estudos como un realizado en Chile ven concluir que diminuiu o vínculo do traballador con respecto á empresa” afirma Barcia. Tamén que as empresas non deron pautas, non puxeron en práctica o seu liderazgo e nós tivemos que aprender a autoliderar. O caso é que a maioría das empresas non contemplaba a posibilidade do teletraballo antes desta crise sanitaria. “Agora que nos vimos obrigados, demostrouse que non estábamos preparados”. Tamén é certo, engade Barcia, que as circunstancias non eran as máis acaídas porque tivemos que teletraballar conciliando cos fillos e fillas na casa e cunha gran incertidume e tensión emocional. “Era a primeira vez eon ambiente era conflictivo. As xornadas laborais prolongábanse en exceso en relación ao tempo de traballo”.

Barcia refírese tamén ao “salario emocional” como “todo aquilo que percibimos da nosa empresa polo noso traballo pero que non ten que ver co salario monetario”, senón con contraprestacións como formación, conciliación, etc.

Sociedade

Publica o teu comentario agora