Baltar celebra a súa V Edición do Festival da Chaira

Baltar celebra a súa V Edición do Festival da Chaira

13 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O próximo sábado, día 17, o Concello da Pastoriza acolle a quinta edición do Festival da Chaira de Baltar. A Asociación Cultural “A Chaínza”, composta por mozos residentes na comarca da Terra Chá, encárgase da organizalo dende o 2006.

Baixo o eslogan “Diversidade contra a non pluralidade” nace esta nova edición, que da conta dos máis variados estilos. Así, actuarán Zootropa, de Lugo; Kogito, que reaparece na praia fluvial de Baltar despois de ter asistido ó Festival no ano 2006; La Limoncello, de Barcelona, fiel ó estilo reagge-ska-punk; e por último, dende a Coruña dous grupos: Chotokoeu e os recoñecidos Ulträqäns.

Non todo é música no Festival da Chaira. Este ano conta cunha novidade: a celebración do I Torneo de Billarda. Curioso é o agasallo que vai recibir o gañador: un xabarín, o animal que aparece nos cartaces e dalgunha maneira, a mascota do Festival.

A praia da Riboira de Baltar vaise converter tamén en zona de acampada. Coma tódolos anos, os asistentes ó evento aproveitan o entorno da praia fluvial para pasar un día de troula cos amigos e disfrutar dunha xornada completa no entorno da Riboira.

Sociedade