A banda británica Orbital encabeza o I Vigo Transforma

A banda británica Orbital encabeza o I Vigo Transforma

05 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A programación do Xacobeo 2010 inclúe este ano o I festival Vigo Transforma, que se celebra na cidade olívica entre este xoves 8 de xullo e o domingo 10. Unha proposta para facer partícipes tanto aos habitantes como aos turistas de diversas actividades espalladas en distintos puntos da cidade galega. Á longa lista de festivais de música veraniegos súmase agora O Vigo Transforma que destaca pola inclusión de grandes figuras musicais internacio

Os irmáns Paul e Phil Hartnoll, máis coñecidos como Orbital, encabezan o cartel do festival. O dúo británico pechará o domingo esta cita que se comezou a xestar hai tres anos e que nace coa fin de ter continuidade, explicou esta mañá en Radiofusión o director do festival, Joaquín Martínez.

No apartado musical arrinca o xoves coa banda catalana, Standstill co seu espectáculo audiovisual “Room” no Teatro Caixanova. Tras este acto inaugural a programación trasládase ao porto de transatlánticos. O venres 9, no Escenario Xacobeo estarán Devendra Banhart, The XX, Love of Lesbian e Miike Snow, mentras que no Escenario Heineken pasarán Triángulo de Amor Bizarro, Jeff Tweedy (líder de Wilco), Fanfarlo e Os Mutantes.

O Escenario Xacobeo acolle o sábado os concertos de Eladio y los Seres Queridos, The Morning Benders e Caino (Arkestra) & Zinqin Visuals. No outro escenario Heineken actuarán Polock, The Divine Comedy, Delafé y las Flores Azules e Fisherspooner.

Coa iniciativa Vasos Comunicantes, coordenada polo artista galego afincado en Londres Isaac Cordal, encheranse espazos significativos da cidade olívica con diferentes traballos de arte, ciencia e tecnoloxía. Unha serie de propostas de “Performances”, “mapping”, “street art” ou instalacións multimedia para transformar os espazos urbanos, indicou Martínez.

Páxina oficial do festival www.vigotransforma.com  

Sociedade