A Banda das Crechas lega parte do seu repertorio en forma de disco

A Banda das Crechas lega parte do seu repertorio en forma de disco

14 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Hai 23 anos nacía en Compostela un dos seus locais máis míticos, A Casa das Crechas. Dese universo colectivo e das súas foliadas saíu A Banda das Crechas, unha formación plural e aberta, que hoxe saca á venda o seu primeiro disco, ao que dan título as súas sigla ABDC. Trátase de 15 temas, unha escolma do seu repertorio, no que se mesturan cancións clásicas, pertencentes á m&

Tres xeracións de músicos conforman A Banda das Crechas. Tan só dous dos seus membros, o gaiteiro Manuel Amigo e Quim Farinha no violino, están na formación desde o seu comezo. O colectivo ten unha banda base e tamén conta con outros músicos ocasionais que o van enriquecendo. Segundo comentou en Radiofusión un dos integrantes do grupo, Xan Pampín, a idea de sacar o disco xurdiu da necesidade de “legar o amplo repertorio da banda”.

O traballo gravouse ao vivo nunha soa xornada. En total foron seis horas de directo, tres a porta pechada e tres con público. Deste xeito, os 13 primeiros temas saíron da gravación inicial sen espectadores e nos dous últimos percíbese o ambiente propio das foliadas que fixeron famosa a Casa das Crechas.

O álbum é, precisamente, unha homenaxe a este espazo compostelá, “un lugar de encontro e paixón”, como o describen desde a banda.

Os 15 temas do disco ABDC están gardados en formato digi-pack de cartón cunha presentación qeu inclúe un libreto explicativo con imaxes do grupo, letras e textos en 3 idiomas (galego, español e inglés).

Cultura