A Banda de Gaitas tradicional Airiños de Fene celebra o 25 aniversario

A Banda de Gaitas tradicional Airiños de Fene celebra o 25 aniversario

20 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A gaiteira Susana Seivane e o Dúo BellónMaceiras, serán algúns dos convidados á XXIV Xuntanza de Gaiteiros de Fene, cando a Banda Airiños de Fene cumple un cuarto de século. A Xuntanza celebrarase nas instalacions de Agarimo de Sillobre-Fene- o sabado 6 de outubro. A Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” está a organizar esta edición na que Miguel Doval e Chus Niebla, os responsables das diferentes seccións

Este ano é un ano moi especial para a banda porque cumpre 25 anos. Un cuarto de século de esforzos e alegrías, que valeu a pena, segundo confesa o presidente de Airiños de Fene, Valentín García Modrón.

A banda fenesa sempre aproveita a celebración da Xuntanza de gaiteiros para homenaxear a algunha persoa, grupo ou entidade que destacara pola defensa e apoio á nosa música tradicional. Neste aniversario a festa adicarase a dúas persoas básicas na Banda, tal e como nos desvelaba Valentín García Modrón: Miguel Doval e Chus Niebla que o merecen, non só pola sua calidade musical senón tamén pola sua calidade humana.

Para esta Xuntanza tan especial rodearanse de amigos/as, e podese confirmar xa a participación de Susana Seivane, Xabier Díaz, BellónMaceiras Dúo, Cantareiras “Xerfa”, Coral Polifónica “Agarimo” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”.

O sábado día 06 de outubro as 19.30 horas na S. C. R. D Agarimo de Sillobre (Fene) será a festa na defensa da nosa música, así como na homenaxe a Miguel e Chus.

Sociedade